Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Martes, 13 de xaneiro de 1998 Páx. 274

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/305-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. Ronda de Nelle, 40-46.

Situación: A Coruña.

Características técnicas: L.M.T.S. a 15/20 kV de 0,08 km con orixe na L.M.T.S. A Grela-Médico Durán, e

final no C.T.C. Ronda de Nelle, 40-46, en conductor 2 R.H.V.-12/20 kV 3(1x240) mm Al. C.T. non prefabricado de 400 kVA 15000/380-220 V no edificio nº 40-46.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 21 de novembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

10355