O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimmo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996 sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:
Obxecto: material de hixiene e protección.
Orzamento: 23.680.350 ptas.
Garantía provisional: 473.607 ptas.
-Lote 1: bata alto risco Imperm. mediana e grande.
Orzamento: 1.273.050 ptas.
Garantía provisional: 25.461 ptas.
-Lote 2: bata verde dun só uso estéril.
Orzamento: 2.031.300 ptas.
Garantía provisional: 40.626 ptas.
-Lote 3: bata verde dun só uso non estéril.
Orzamento: 3.960.000 ptas.
Garantía provisional: 79.200 ptas.
-Lote 4: Mascar. Cirúrx. alto risco.
Orzamento: 990.000 ptas.
Garantía provisional: 19.800 ptas.
-Lote 5: máscara cirúrxica bozo.
Orzamento: 2.520.000 ptas.
Garantía provisional: 50.400 ptas.
-Lote 6: calza dun só uso.
Orzamento: 1.350.000 ptas.
Garantía provisional: 27.000 ptas.
-Lote 7: gorro enfermeira e paciente.
Orzamento: 945.000 ptas.
Garantía provisional: 18.900 ptas.
-Lote 8: empapador 40x60 e 60x60.
Orzamento: 10.611.000 ptas.
Garantía provisional: 212.220 ptas.
Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto, tramitación anticipada.
Prazo de entrega: segundo necesidades comunicadas polo Servicio de Compras e Subministracións e, se é o caso, a partir dos 15 días naturais seguintes ó do asinamento do contrato.
Admisión de variantes: non se admiten variantes.
Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
Criterios de adxudicación:
Oferta económica: 60%.
Calidade dos materiais: 20%.
Servicio técnico da subministración: 20%.
Total: 100%.
Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006 A Coruña en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 32.
Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.
Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia do complexo hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.
A Coruña, 26 de decembro de 1997.
Jesús Caramés Bouzán
Director xerente do Complexo Hospitalario
Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña
10567