Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Luns, 12 de xaneiro de 1998 Páx. 246

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/123-3).

Para efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Coren, S.C.L., S.L.

Enderezo social: Xoán XXIII, 37, 32003 Ourense.

Denominación: C.T. e R.B.T., planta piloto e centro tecnolóxico de incubación.

Situación: San Cibrao das Viñas.

Descricións técnicas: centro de transformación en caseta con trafo de 630 kVA, con relación de transformación 20.000/380-220 V. Grupo electróxeno auxiliar de 450 kVA, 360 kW, con motor diésel de regulación automática de velocidade a 1.500 r.p.m. rede de baixa tensión.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 10 de decembro de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

10308