Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Venres, 09 de xaneiro de 1998 Páx. 208

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/332-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: R.B.T. de Gándara.

Situación: Boqueixón.

Características técnicas: liña de baixa tensión aérea de 0,76 km con orixe no centro de transformación de Lestedo, en conductor R.Z. sobre apoios de formigón. Liña de baixa tensión aérea de 0,316 km con orixe no centro de transformación do Rodiño, en conductor R.Z. sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 27 de novembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

10319