Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Venres, 09 de xaneiro de 1998 Páx. 207

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/329-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a peti

ción de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. e R.B.T. na Avda. de Arsenio Iglesias.

Situación: Arteixo.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV de 0,52 km con orixe na torre metálica que se instalará na L.M.T. 5 e 7 do polígono de Sabón (expediente 29319) e remata na mesma liña na estrada de Caión, en conductor R.H.V. 12/20 kV 3x240 Al. Liña de media tensión subterránea de 20 kV de 0,48 km con orixe no C.T. Avda. de Caión (expediente 114/1995) e remata no C.T. República Salvador (expediente 95/1996) en conductor R.H.V. 12/20 kV 3x240 Al. Centro de transformación prefabricado de 630 kVA 15.000/380-220 V no Pol. de Sabón. Dous centros de 400 kVA 15.000/380-220 V no C.D. piscina municipal e C.D. seleccións. Rede baixa de 0,485 km, orixe no C.T. encrucillada Avda. Arsenio.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 27 de novembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

10317