Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 07 de xaneiro de 1998 Páx. 126

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ACORDO de información pública sobre o procedemento de delimitación e deslindamento do Camiño Portugués. (Expediente 95/10/0127).

Data de información: 19-1-1995.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo a través da Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago, no uso das súas competencias e, baseándose no artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro de 1992) e no artigo 5 da Lei 3/1996, do 10 de maio, de protección dos Camiños de Santiago (DOG nº 101, do 23 de maio de 1996),

ACORDA:

Primiero.-Someter a información pública o expediente de delimitación e deslindamento do Camiño Portugués.

Segundo.-O expediente estará exposto durante o prazo de dous meses contados a partir da publicación do presente acordo no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias das delegacións provinciais da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo das provincias da Coruña e Pontevedra, nos servicios centrais que a consellería ten no edificio administrativo San Caetano, bloque 5, de Santiago de Compostela, así como nos concellos polos que pasa o devandito camiño:

-Provincia de Pontevedra: Tui, O Porriño, Mos, Redondela, Soutomaior, Pontevedra, Vilaboa, Barro, Portas, Caldas de Reis, Valga e Pontecesures.

-Provincia da Coruña: Padrón, Rois, Teo, Ames e Santiago de Compostela.

Por non tratarse dunha resolución firme de delimitación e deslindamento, contra este acordo non cabe interpoñer ningún recurso, aínda que os interesados, segundo o establecido nos artigos 86 e 107 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE, nº 285, do 27 de novembro de 1992), poderán realiza-las alegacións que coiden oportunas para opoñerse a el, sen prexuízo da posibilidade de recorrer contra a resolución que, no seu día, lle poña fin a este procedemento.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 1997.

José Mª Sánchez González

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo

10271