Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 07 de xaneiro de 1998 Páx. 123

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/205-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. rúa Álvaro Cunqueiro.

Situación: Carballo (A Coruña).

Características técnicas: derivada de liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 8 m de lonxitude, con orixe na liña en rúa Álvaro Cunqueiro e final no centro de transformación (C.T.) en edificio viviendas mesma rúa, que se instalará. Centro de transformación, tipo interior, de 630 kVA e tensións de 15/20/0,380-0,220 kV en r/ Alvaro Cunqueiro. Municipio de Carballo (A Coruña).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 27 de novembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

10305