Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Luns, 05 de xaneiro de 1998 Páx.

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se abre información pública para a autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e do correspondente proxecto sectorial da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 006-EOL).

Para os efectos previstos nos decretos 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, 2366/1994, sobre producción de enerxía eléctrica e Art. 52 e 53 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, e 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude da empresa Ineuropa Eólica del Xistral, S.A., para autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución, e do correspondente

proxecto sectorial, da instalación do parque eólico Cuadramón coas seguintes características:

Peticionario: Ineuropa Eólica del Xistral, S.A., Praza de Ferrol, 6-10, 27001 Lugo.

Situación: concellos de Alfoz, Abadín e O Valadouro.

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V(621.000, 4.815.843); V(621.000, 4.812.000).

V(619.000, 4.812.000); V(619.000, 4.813.100).

V(618.350, 4.813.100); V(617.800, 4.813.500).

V(616.300, 4.815.843);

Características técnicas principais:

-27 aeroxeradores de potencia unitaria 750 kW cunha potencia total para instalar de 20,25 mW.

-27 transformadores de potencia nominal unitaria 1.000 kVA, coas súas correspondentes liñas eléctricas de interconexión.

Afección a predios particulares:

Un.-As afeccións incluídas no anexo designadas como: «aeroxerador, superficie de apoio» e «colector eléctrico, superficie ocupada» implican a ocupación de pleno dominio dos terreos.

Dous.-As afeccións incluídas como: «camiño, superficie» e «aeroxerador, superficie aplanada», implican a servidume permanente de paso coas seguintes limitacións ó dominio:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares, así como plantar árbores e arbustos.

2. Prohibición de efectuar calquera tipo de obras ou efectuar ningún acto que puidera danar ou prexudica-lo bo funcionamento das instalacións.

3. Libre acceso do persoal e equipos necesarios para executar, manter, renovar ou repara-las instalacións.

4. Prohibición de plantar árbores de gran tamaño a menos de 50 metros de cada aeroxerador.

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e demais titulares afectados que non chegaron a un acordo coa entidade solicitante, e que figuran na relación que se insire como anexo deste anuncio, así como as persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados fosen omitidos, para que poidan examina-lo proxecto e presenta-las súas obxeccións ou alegacións a este, no prazo de 30 días, nesta delegación provincial sita en edificio administrativo, Ronda da Muralla, 70, 27071 Lugo.

É de significar que esta publicación se realiza igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de notificación do presente acordo ós titulares descoñecidos dos predios que se describen no anexo.

Lugo, 11 de decembro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

AFECCIÓN

PREDIO/

ZONA

PROPIETARIO

AEROXERADOR

CAMIÑO

COLECTOR

ELÉCTRICO

Nº en

plano

Nome

Domicilio

Cultivo

Lugar

Concello

Superficie

apoio (m)

Superficie

aplanada (m)

Superficie

(m)

Superficie

ocupada (m)

1Monte veciñal en man común de Labrada. Representante Javier PrietoLabradaMBMonte de GuilfonsoAbadín101 a

103

2421.158C13.298

5David Seijas Cabor/ Bispo Santo, 26, Marzán (Foz)MBMonte de GuilfonsoAlfoz10394C1336

4José Expósito BalseiroPereiroMBMonte de GuilfonsoAlfoz103121341C1506

6Antonio Pernas CabanaPereiroMBMonte de GuilfonsoAlfoz104121531C1405MT164

2DescoñecidoPereiroMBMonte de GuilfonsoAlfoz105 a

114

1.2105.487C15.943MT2 e

MT3

128

7Jesús Seijas RiveraAcibido-PereiroMBRego da PoltraO Valadouro

Pedro Val SeijasAzoreira-Lagoa

Ricardo Riveira SeijasFolgueiras de Arriba-Cuadramón

Manuel Rivas SeijasFolgueiras de Arriba-Cuadramón115 a

116

2421.047C1943

Flora Cortiñas LópezGuilfonso-Pereiro

Amador Val SeijasAzoreira-Lagoa

MB: monte baixo.

10264

Resolución do 12 de decembro de 1997 pola que se fai pública a adxudicación, mediante concurso público aberto, do contrato de subministración dun servidor de aplicacións para o Instituto Galego de Consumo.

1. Entidade adxudicadora: Instituto Galego de Consumo.

Organismo: Instituto Galego de Consumo.

Dependencia que tramita o expediente: Xerencia do Instituto Galego de Consumo.

Número de expediente: C-97013.

2. Obxecto do contrato:

Tipo de contrato: contrato de subministración.

Descrición do obxecto: subministración dun servidor de aplicacións para o Instituto Galego de Consumo.

Lotes: 1 e 2.

Data de publicación do anuncio de licitación no DOG: 11 de novembro de 1997.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: Sete millóns oitocentas mil pesetas (7.800.000 pts).

5. Adxudicación:

Data: 9 de decembro de 1997.

Contratista: Qued Systems, S.L.

Importe total: sete millóns oitocentas mil pesetas (7.800.000 pts).

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 1997

Francisco Gallegos Martínez

Presidente do Instituto Galego de Consumo

10109

Resolución do 1 de decembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación do acordo de iniciación do procedemento sancionador de montes 97/049MV.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei de

montes, do 8 de xuño de 1957 (BOE nº 151), e do seu Regulamento do 22 de febreiro de 1962, por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Paloma Puente Sánchez, funcionaria desta delegación provincial, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes.

O interesado disporá dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente na Delegación Provincial desa consellería na Coruña, sita no edificio aministrativo de Servicios Múltiples-Monelos, e para achegar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2 do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario poralle fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples-Monelos, A Coruña.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 1 de decembro de 1997.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Procedemento sancionador: montes 97/049MV.

Denunciado: Airtel.

Último enderezo coñecido: r/ Juana de Vega, 10, A Coruña.

Feitos denunciados: ocupación dunha superficie de 93 m de monte veciñal, para colocar un repetidor de Airtel.

Precepto infrinxido: 410 do Regulamento de montes.

Precepto sancionador: 410 do Regulamento de montes.

Sanción: 186.000 ptas.

10240