Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Luns, 05 de xaneiro de 1998 Páx. 88

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/382-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: Praza da Constitución, 17, 15000 Cee.

Denominación: L.M.T., C.T. Vilar de Xallas.

Situación: Negreira.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 0,022 km con orixe no apoio nº 47 da L.M.T. Vilar de Cando-Corgal, e final no C.T. Vilar de Xallas, en conductor LA-56/54,6 mm, sobre apoios de formigón. C.T. intemperie de 100 kVA 20.000/380-220 V en Vilar de Xallas. L.B.T. aérea de 0,68 km con orixe no C.T. Vilar de Xallas, en conductor R.Z. sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 3 de decembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

10289