Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Luns, 05 de xaneiro de 1998 Páx. 86

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se lle autoriza a instalación dunha planta de coxeración de enerxía eléctrica, se aproba o proxecto de execución á empresa Padronesa Industrial de Curtidos, S.A., no concello de Padrón (A Coruña), e se inclúe no réxime especial creado polo Real decreto 2366/1994. (Expediente 163/1997).

Visto o escrito presentado pola empresa Padronesa Industrial de Curtidos, S.A., con enderezo para efectos de notificacions na Matanza, s/n, Padrón, A Coruña, esta dirección xeral ten en conta os seguintes feitos:

Primeiro.-O día 26 de setembro do 1997, a referida empresa, titular dunha planta de curtidos de peles e las, solicitou a autorización para a planta de coxeración que ten previsto instalar na súa factoría do concello de Padrón (A Coruña). Acompaña á dita solicitude o preceptivo anteproxecto das instalacións, o estudio dos rendementos enerxéticos acadables e de aforro de enerxía que se conseguirá coa posta en servicio das instalacións proxectadas e o resto da documentación á que fai referencia o artigo 5.4 do citado R.d. 2366/1994. O día 14 de novembro, a referida empresa presenta na delegación provincial desta consellería na Coruña escrito no que solicita a aprobación do proxecto de execución da planta de coxeración de enerxía eléctrica, con motivo de acollerse ós beneficios previstos no Real decreto 2366/1994.

As características técnicas básicas da planta de coxeración serán as seguintes:

-Un motor de combustión interna gasóleo-fuel de 5.445 kW de potencia.

-Un xerador de 5.350 kVA, factor de potencia 0,977, tensión de xeración 6 kV e potencia activa 5.227 kW.

-Centro de transformación con relación de transformación 20/6 kV e outro auxiliar de 6/0,4 kV.

-Sistemas auxiliares de recuperación de calor e de almacenamento de combustible.

-Instalacións de interconexión coa liña eléctrica da compañía distribuidora, mando, sinalización e medida.

Segundo.-De conformidade co establecido no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente en virtude do establecido na disposición transitoria primeira da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña dictou Resolución do 8 de outubro de 1997 pola que se someteu a información pública a autorización administrativa da instalación de referencia, que se publicou no DOG do 14-10-1997 e no BOP da Coruña do 14-10-1997, sen que se presentase no periodo legalmente establecido para iso ningunha alegación.

Terceiro.-A planta de coxeración proxectada supera os rendementos enerxéticos mínimos que para o tipo de combustible se establecen no anexo do citado R.D. 2366/1994, sendo realizado o expediente con cumprimento da tramitación regulamentaria.

Cuarto.-O proxecto, visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais da Coruña, foi redactado conforme o esixido polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalación eléctricas, de aplicación ó presente expediente en virtude do establecido na disposición transitoria primeira da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, e coas demais disposicións que lle son de aplicación.

Quinto.-A solicitude obxecto deste expediente está informada favorablemente pola Delegación Provincial da Coruña.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, no Decreto 132/1982, do 4 de novembro e no Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polos decretos 140/1991, do 2 de maio e 292/1995, do 3 de novembro, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e o Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro.

Segundo.-O proxecto está informado favorablemente pola Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, cumpre coas esixencias reglamentarias fixadas no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, e coas demais que lle son de aplicación.

Terceiro.-O mencionado R.D. 2366/1994 fixa no seu artigo 4 as condicións de acceso ó réxime espe

cial de producción eléctrica, as cales deberá cumpri-lo solicitante.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Primeiro.-Autoriza-la instalación dunha planta de coxeración e aproba-lo proxecto de execución á empresa Padronesa Industrial de Curtidos, S.A., que se situará nas instalacións da factoría que a dita empresa ten en Padrón (A Coruña).

Segundo.-Recoñecerlle á planta de coxeración autorizada a condición de instalación acollida ó réxime especial do R.D. 2366/1994, e incluíla no grupo d) do Art. 2 do dito real decreto.

Calquera modificación das instalacións autorizadas requerirá unha nova solicitude de autorización administrativa, de acordo co indicado no artigo 17.4 do Real decreto 1775/1967, do 22 de xullo, que fixa o réxime de instalación, ampliación e traslado das industrias en xeral.

Como requisito necesario para a aplicación do réxime especial á dita instalación, o promotor deberá inscribi-la no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xullo de 1995 (DOG do 14-7-1995), para o que acreditará o cumplimento das condicións previstas no Art. 11 do R.D. 2366/1994, presentando a documentación que figura nas instruccións dictadas por esta dirección xeral en desenvolvemento da citada orde.

Así mesmo, a instalación interconectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día da súa publicación ou notificación.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

10291