Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Luns, 05 de xaneiro de 1998 Páx. 67

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 19 de decembro de 1997 pola que se fixa o prezo de venda ó público dunha publicación da Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único

1. Queda aprobado o prezo de venda ó público da publicación que se relaciona no anexo.

2. Este prezo entenderanse co IVE incluído.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 1997.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

ANEXO

-Elementos prácticos para la detección de las necesidades de formación. Un enfoque transnacional: 1.000 ptas.

10448