Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Luns, 05 de xaneiro de 1998 Páx. 61

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 1997 pola que se nomean vocais do Consello Galego de Servicios Sociais.

O apartado 1º do artigo 5 do Decreto 336/1994, do 27 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais, establece que a duración do mandato dos vocais representativos será de catro anos, sen prexuizo da súa reelección e da posibilidade de subtitución dos titulares e suplentes durante o dito período, por proposta da institución, asociación ou entidade a quen represente.

Así mesmo, o apartado 3º do citado decreto establece que os vocais do Consello Galego de Servicios Sociais serán nomeados polo presidente do Consello, por proposta da institución, asociación ou entidade a quen representen, e o nomeamento deberá publicarse no Diario Oficial de Galicia.

Con data do 15 de decembro de 1997, a Confederación Intersindical Galega notifica a proposta de modificación da súa representación no Consello Galego de Servicios Sociais, polo que en aplicación do disposto no artigo 5º do Decreto 336/1994, do 27 de outubro,

RESOLVO:

Nomear vocal titular e vocal suplente do Consello Galego de Servicios Sociais, en representación da Confederación Intersindical Galega, as seguintes persoas:

Consello Galego de Servicios Sociais:

Titular: Xan A. Carballo Rodríguez.

Suplente: Ramiro Oubiña Parracho.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 1997.

Manuel Antonio Silva Romero

Secretario xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais

9847