Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Venres, 02 de xaneiro de 1998 Páx. 56

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA HOSPITAL DA BARBANZA

ACORDO do 27 de outubro de 1997 polo que se anuncia a contratación dos servicios de hostelería integral da Fundación Pública Hospital da Barbanza.

1. Entidade adxudicadora: Fundación Pública Hospital da Barbanza.

2. Obxecto do contrato: prestación dos servicios de hostelería integral no Hospital da Barbanza.

3. Orzamento máximo de licitación: 150.000.000 anuais.

4. Recollida de pregos: as empresas interesadas quedan convocadas a unha reunión pública no salón de actos do Hospital da Barbanza, con dimicilio en Oleiros (Ribeira), o vindeiro día 12 de xaneiro ás 12 horas.

5. Presentación de ofertas: a documentación sinalada no prego de condicións deberá presentarse na dirección do Hospital da Barbanza no prazo máximo de trinta días naturais contados desde o mesmo día da publicación deste anuncio.

Ribeira, 23 de decembro de 1997.

Manuel Ariza López.

Presidente do Padroado da Fundación Pública Hospital da Barbanza