Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Venres, 02 de xaneiro de 1998 Páx. 44

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/371-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: instalación de L.M.T., C.T.I. e R.B.T. Bexo.

Situación: Brión.

Características técnicas: liña de media tensión aérea a 20 kV de 0,355 km con orixe na liña L.M.T. Tambre-Ponteinsua-Negreira (tramo Mináns-Pousada-O Vicedo, Expte. 26900) e remata no C.T.I. Bexo, en conductor LA-56/54,6 mm sobre apoios de formigón. Centro de transformación intemperie de 50 kVA 20.000/380-220 V en Bexo, Espiñeiros e Cristimil. Liña de baixa tensión de 0,57 km con orixe no C.T.I. de Bexo, en conductor R.Z., sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 2 de decembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

10214