Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Venres, 02 de xaneiro de 1998 Páx. 43

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/369-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Enderezo social: Praza da Constitución, 17, 15000 Cee.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Outrabanda.

Situación: Cabana de Bergantiños.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 0,799 km con orixe no C.T.C. Neaño e final no C.T.C. Outrabanda, en conductor LA-56/54,6 m sobre apoios de formigón. C.T. tipo intemperie de 50 kVA 20.000/380-220 en Outrabanda. R.B.T. aérea de 0,045 km con orixe no C.T. Outrabanda, en conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 2 de decembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

97-10199