Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: instalación de L.M.T., C.T., R.B.T. Castiñeiro do Lobo.
Situación: Ames.
Características técnicas: liña de media tensión aérea a 20 kV de 0,23 km con orixe na liña L.M.T. Santiago II-Roxos-Trasmonte (Expte. 27158) e remata no C.T. Castiñeiro do Lobo, en conductor LA-56/54,6 mm, sobre apoios de formigón. C.T. intemperie de 50 kVA 20.000/380-220 V no Castiñeiro do Lobo. Liña R.B.T. aérea de 1,89 km con orixe no C.T. Castiñeiro do Lobo, en conductor RZ, sobre apoios de formigón.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 2 de decembro de 1997.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
97-10211