Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Venres, 02 de xaneiro de 1998 Páx. 41

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/363-1).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: instalación de R.B.T. Cristimil-Espiñeiros.

Situación: Brión.

Características técnicas: liña de baixa tensión aérea Lamiño-Brans-Os Anxos de 1,381 km con orixe no C.T.C. Santa Minia e C.T. Os Anxos, en conductor R.Z. sobre apoios de formigón. Liña de baixa tensión aérea Pedrouzos, de 2,27 km con orixe en C.T.C. Santa Minia en conductor R.Z. sobre apoios de formigón. Liña de baixa tensión aérea Santa Minia-San Fiz de 1,98 km con orixe no C.T.C. Santa Minia, en conductor R.Z. sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 2 de decembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

10203