Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. de Toxo.
Situación: concello de Lalín.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea. a 20 kV, de 1.184 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio N.42 da L.M.T. ó C.T. de Fontecabalos, rematando no C.T. que se proxecta en Toxo, concello de Lalín. C.T. de 100 kVA, relación de tranformación 20 kV/400-231 V. R.B.T. aérea, de 33 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos con
dicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Pontevedra, 26 de novembro de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
10103