Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Venres, 02 de xaneiro de 1998 Páx. 35

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/300-1).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. e C.T.C. Avda. do Xeneralísimo, 51.

Situación: Cedeira.

Características técnicas: L.M.T. a 15/20 kV de 0,34 km con orixe na L.M.T. As Fábricas-Caixa de Aforros (expediente 52590) e final na mesma liña unha vez que entra e sae do C.T. proxectado. En conductor R.H.V.-12/20 kV 3(1x240) m Al. C.T. non prefabricado de 400 kVA 20.000/380-220 V. na Avda. do Xeneralísimo, 51.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 20 de novembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

10206