Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Venres, 02 de xaneiro de 1998 Páx. 6

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 22 de decembro de 1997 pola que se convoca para a elección de destino ós aspirantes que superaron os procesos selectivos convocados por ordes do 26 de decembro de 1995 para o acceso ós distintos corpos da Administración xeral da Xunta de Galicia.

Polas ordes do 26 de decembro de 1995 (DOG nº 8 e 9, do 11 e 12 de xaneiro de 1996), convocáronse procesos selectivos para o acceso ós distintos corpos da Administración xeral da Xunta de Galicia, sendo elevadas a definitivas as propostas de aspirantes que superaron estes mediante as ordes do 30 de outubro de 1997 (DOG nº 219, do 12 de novembro).

Convocado concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración da Xunta de Galicia pola Orde do 9 de decembro de 1997 (DOG nº 244, do 18 de decembro) no que se inclúen tódolos postos vacantes da Administración xeral da Xunta de Galicia, en tanto non se resolva este, e para os efectos de que os aspirantes que superaron os devanditos procesos selectivos accedan á condición de funcionarios coa maior brevidade, faise necesario establece-las normas para a asignación de postos de traballo actualmente ofertados no concurso, por todo isto esta consellería,

DISPÓN:

Convoca-los aspirantes que superaron os procesos selectivos para o acceso ós distintos corpos da Administración xeral da Xunta de Galicia para a elección de destino, en único chamamento, no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública, sita no polígono das Fontiñas en Santiago de Compostela, o día 15 de xaneiro de 1998 co seguinte horario:

Ás 8.45 horas erán convocados os aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A) para o acto de petición de postos que terá lugar ás 9 horas, podendo elixir, segundo a orde acadada no proceso selectivo, entre os postos que se relacionan no anexo I, sempre que se reúnan as condicións esixidas nel.

Ás 10 horas serán convocados os aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de xestión da Administración, corpo administrativo e auxiliar da Xunta de Galicia (grupos B, C e D), que elixirán por esta orde, para o acto de petición de postos que terá lugar ás 10.30 horas, podendo elixir segundo a orde acadada nos correspondentes procesos selectivos entre os postos que se relacionan noa nexo II sempre que se reúnan

tódalas condicións esixidas nel e os postos estean abertos para o seu grupo correspondente.

Ás 17 horas serán convocados os aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo subalterno da Xunta de Galicia (grupo E) para o acto de petición que terá lugar ás 17.30 horas, podendo elixir segundo a orde acadada no proceso selectivo entre os postos que se relacionan no anexo III.

En primeiro lugar elixirán dentro de cada corpo os aspirantes que accedan pola quenda de promoción interna e a continuación os de acceso libre.

Os aspirantes que accedan pola quenda de promoción interna poderán optar por continuar na praza que viñesen ocupando con carácter definitivo cando o nivel desta se atope incluído no intervalo de niveis do corpo e grupo ó que acceden ou, se é o caso, senón se cumpren estes requisitos, poderán permanecer no dito posto no grupo ó que pertenecen con anterioridade, logo de declaración da correspondente situación de excedencia voluntaria no novo corpo ó que acceden.

Os aspirantes que accedan pola quenda de promoción interna que non escollan as opcións sinaladas no apartado anterior e os aspirantes que accedan pola quenda de acceso libre ocuparán os postos que elixan con carácter provisional.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a personalidade.

Os aspirantes que non comparezan personalmente poderán ser representados por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Ós aspirantes que non comparezan personalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino provisional as prazas que lles corresponden atendendo á orde de publicación destas e ó número obtido nos procesos selectivos, unha vez concluído o proceso de adxudicación das prazas ós aspirantes presentes ou representados, e entre as que quedaron sen adxudicar.

Os aspirantes que superasen o proceso selectivo para o acceso a varios corpos, ó seren chamados para a elección de destino no grupo máis alto, elixirán destino ou, de non facelo, pasarán á situación

de excedencia voluntaria nese corpo, de acordo co artigo 55.1º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia. Neste último caso deberán presentarse ó chamamento correspondente e advertilo no seu momento.

Non terán que acudir ó presente chamamento os aspirantes que, ocupando postos de laborais que foron funcionarizados, optasen ata o día 12 de xaneiro de 1998 inclusive, mediante o correspondente escrito, por continuaren desempeñando os ditos postos.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 1997.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

Descrición dos códigos

I. Consellerías.

A consellería á que pertence o posto está definida polos dous primeiros caracteres da columna «CÓDIGO DO POSTO» segundo o seguinte criterio:

AG-Agricultura, Gandería e Montes.

CU-Cultura e Comunicación Social.

ED-Educación e Ordenación Universitaria.

EF-Economía e Facenda.

FA-Familia, Muller e Xuventude.

IC-Industria e Comercio.

OT-Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

PE-Pesca, marisqueo e Acuicultura.

PR-Presidencia e Administración Pública.

SA-Sanidade e Servicios Sociais.

XU-Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

II. Requisito indispensable.

2022.-Licenciado en ciencias económicas.

2062.-Licenciado en dereito.

2064.-Licenciado en historia da arte.

3028.-Profesorado de EXB.

5132.-Capataz agrícola.

Observacións.

A23 Xornada de tarde.

A48 Xornada partida.

A53 Horario especial.

B35 Réxime de quendas incluíndo sábados á mañá.

10416