Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 31 de decembro de 1997 Páx. 12.636

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUGARDOS

ANUNCIO da exposición pública do plan xeral de ordenación do Concello de Mugardos.

O Pleno do Concello, en sesión extraordinaria celebrada o día 12 de decembro de 1997, acordou aproba-las modificacións substanciais do documento de revisión das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Mugardos, aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación na sesión celebrada o días 12-2-1997, modificacións que fundamentalmente son consecuencia da adaptación á Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e que son as seguintes:

Cambio de clasificación de solo non urbanizable de núcleo rural en Teupoeira, Lodairo, O Vilar, As Torres, O Monte, que pasan a solo urbano de núcleo rural.

O solo urbano de desenvolvemento lineal, que pasa a solo rústico común.

As zonas do Baño e Punta Promontoiro, afectadas polos convenios urbanísticos do Pazo do Baño, e de Forestal do Atlántico, respectivamente.

Entendendo que as modificacións introducidas no documento do plan xeral de ordenación do Concello de Mugardos son substanciais, ábrese un novo período de información pública polo prazo de un mes, con fin de que tódolas persoas que se consideren afectadas poidan formula-las alegacións ou reclamacións que considren oportunas.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 43 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Mugardos, 18 de decembro de 1997.

Ramón Toimil Saavedra

Alcalde

10113