Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 31 de decembro de 1997 Páx. 12.632

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 1997 pola que se lle dá publicidade á resolución de adxudicación do concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de consultoría e asitencia consistente na realización dun estudio para a posta en marcha do Parque Tecnolóxico de Cerámicas Avanzadas.

Entidade adxudicadora: Consellería de Industria e Comercio.

Organismo: Dirección Xeral de Industria.

Número de expediente: 23/1997.

Obxecto do contrato: realización dun estudio que analice e detalle en profundidade a viabilidade técnica do parque tecnolóxico de Cerámicas Avanzadas, así como as actuacións precisas para a súa posta en marcha e desenvolvemento.

Tipo de contrato: consultoría e asitencia.

Data de publicación do anuncio de licitación no DOG: 15 de setembro de 1997.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: quince millóns de pesetas (15.000.000 de ptas.).

Adxudicación:

Data: 10 de novembro de 1997.

Contratista: Eureka International LTD

Nacionalidade: irlandesa.

Importe de adxudicación: quince millóns de pesetas (15.000.000 de ptas.).

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 1997.

P.D. (Orde 18-5-1994, DOG nº 100)

Manuel Barreiro Barbeito

Secretario xeral da Consellería de Industria e Comercio

10180