Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 31 de decembro de 1997 Páx. 12.630

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/139-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Desarrollos Eólicos.

Enderezo social: Avda. de Buhaira, 2, 41018 Sevilla.

Denominación: L.A.T. de 66 kV do parque eólico de Corme a Sub. Cabana.

Situación: Ponteceso e Cabana.

Descricións técnicas: liña aérea a 66 kV conductor LA-180, sobre apoios metálicos de celosía, cunha lonxitude de 15.072 km, con orixe na subestación do parque eólico de Corme propiedade de Desarrollos Eólicos, S.A. e final na subestación de Cabana, pro

piedade de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con entrada subterránea de 53 m. Concellos de Ponteceso e Cabana.

Cumprido-los trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e declarar de utilidade pública as devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no anteproxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

A Coruña, 4 de novembro de 1997.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

10183