Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 31 de decembro de 1997 Páx. 12.594

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 1997, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se procede a nomear e facer pública a composición do tribunal que deberá xulga-las probas para a concesión do premio extraordinario de bacharelato no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Conforme o artigo 7 da Orde do 3 de outubro de 1997 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato para alumnos que rematasen os seus estudios de bacharelato no curso 1996-1997, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Facer pública a composición do tribunal que deberá xulga-las probas para a concesión do premio extraordinario de bacharelato, que figura no anexo desta resolución.

Segundo.-Os membros do tribunal terán dereito a percibir axudas de custos e gastos de locomoción no caso de que se teñan que desprazar da súa residencia oficial, de acordo co Decreto 292/1990, do 24 de maio.

Terceiro.-O número de premios que se poden conceder na convocatoria do curso 1996/1997 na Comunidade Autónoma de Galicia é de vinteseis (26).

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 1997.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Centros e Inspección Educativa

ANEXO

Tribunal titular:

-Presidente: Emilio Pérez Sánchez, inspector de educación.

-Vocais:

José Ramón Pereiró Rodríguez, inspector de educación.

Modesto Hermida García, inspector de educación.

Samuel Lago Fernández, inspector de educación.

Jaime Santoalla Varela, inspector de educación.

Constantino Freire Lamas, inspector de educación.

Fermín Álvarez Lata, inspector de educación.

Fernando del Pozo Andrés, inspector de educación.

Carlos Varela Vázquez, inspector de educación.

Andrés Vilán Pérez, profesor de ensino secundario.

José Antonio Vázquez Iglesias, profesor de ensino secundario.

Josefa Fernández Soilán, profesora de ensino secundario.

Tribunal suplente:

-Presidenta: Pilar Miravalles González, inspectora de educación.

-Vocais:

Antonio Caballero Javierre, profesor de ensino secundario.

Francisco Voguerol Ruibal, profesor de ensino secundario.

Eladio Rodríguez Gandoy, profesor de ensino secundario.

Rosa María Fernández Álvarez, profesora de ensino secundario.

Carlos González López, profesor de ensino secundario.

M. Nicolás Vázquez Varela, profesor de ensino secundario.

Pilar Álvarez Fernández, profesora de ensino secundario.

Rodolfo Armas Fernández, profesor de ensino secundario.

Teresa Rey Escribano, profesora de ensino secundario.

Antonio Couto Llamas, profesor de ensino secundario.

Mario Juíz López, profesor de ensino secundario.

10442