Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 30 de decembro de 1997 Páx. 12.584

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

CONCURSO con intervención de xurado para a contratación da asistencia técnica para o estudio e redacción dos proxectos de reutilización das instalacións da nave central de servicios do Concello de Vigo.

1. Entidad adxudicante. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Parque Móbil, Patrimonio e Contratación. Nº expediente 10764/240.

2. Obxecto do contrato. Descrición: estudio e redacción do proxecto de reutilización das instalacións da nave central de servicios do Concello de Vigo.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de execución: cláusula 6 do prego de condicións técnicas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso con intervención de xurado do artigo 216 da Lei 13/1995.

4. Orzamento base: 9.500.000 ptas.

5. Garantías: provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do prezo do contrato.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do concello de Vigo, praza do Rei s/n 36202 Vigo; teléfono (986)81 01 48; Fax: (986)81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 19 da Lei 13/1995.

8. Presentación de oferas. Data límite: 13 días contados desde o día seguinte ó da publicación do presente anuncio do BOP.

Documentación: a esixida na cláusula 9 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: véraxe punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas. Entidade, domicilio e localidade: Secretaría Xeral do Concello de Vigo, praza do Tei s/n 36202. Vigo.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposicións axustarase ó recollido na clausula 9.3 do prego de condicións administrativas. Para a valoración dos proxectos terase en conta o interese do proxecto presentado.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 4 de decembro de 1997.

Manuel Pérez Alvarez

Alcalde