Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 30 de decembro de 1997 Páx. 12.583

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BURELA

ANUNCIO.

O Pleno deste Concello na sesión ordinaria celebrada o 19 de decembro de 1997, acordou aprobar inicialmente o proxecto das modificacions puntuais das normas subsidiarias de planeamento de Burela, nas rúas Eijo Garay e Suafonte, redactado polos arquitectos Eduardo Herraez Fernández e Manuel J. Freire Tellado.

Polo que en cumprimento con disposto no artigo 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese á información pública a documentación integrante do expedente por un prazo dun mes contado desde a publicación do presente anuncio no BOP de Lugo, durante o cal os interesados poderán examinala na Secretaría Xeral do Concello en horas de oficina, e presenta-las alegacións que coiden oportunas mediante escrito dirixido á Alcaldía.

Igualmente, faise saber que de conformidade co disposto no artigo 34 da citada lei, o acordo da aprobación inicial determinará a suspensión do procedemento de outorgamento das licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición no ámbito territorial das modificacións de referencia, definido polos siguintes lindeiros: norte: Andrés García Fra, Marcelino García Fra; sur: Hdos. Victorino Castro; leste: César Lanza; oeste: r/ Eijo Garay.

A dita suspensión terá unha duración máxima dun ano, contado desde a publicación do presente anuncio no BOP de Lugo, e en calquera caso extinguirase coa aprobación definitiva das citadas modificacións.

Burela, 22 de decembro de 1997

Manuel Mon Rouco

Alcalde

9977