Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 30 de decembro de 1997 Páx. 12.581

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 1997, da Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide - Profesor Novoa Santos de Ferrol, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do concurso público de obras 1/1997, que ten por obxecto a realización da reforma arquitectónica do Servicio de Radioloxía do citado complexo hospitalario.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme ó establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111 do 6 de xuño) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, e para cumprimento do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos coas administracións públicas, acorda darlle publicidade á adxudicación do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde. Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, estrada de San Pedro, s/n, Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministracións-Unidade de Contratación.

c) Número de expediente: CP obras 1/1997.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: obras.

b) Descrición do obxecto: execución das obras contidas no proxecto de reforma do Servicio de Radioloxía do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol.

c) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG do 8 de outubro de 1997.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: importe total: 19.824.000 pesetas.

5. Adxudicación:

a) Data: 11 de novembro de 1997.

b) Contratista: Construcciones Cardeñoso, S.A.

Nacionalidade: española.

Importe: 17.344.018 pesetas.

c) Importe total adxudicado: 17.344.018 pesetas.

Ferrol, 5 de decembro de 1997.

Pedro Molina Coll

Director xerente do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol

10221