Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 30 de decembro de 1997 Páx. 12.574

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/163-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a peti

ción de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Hidroeléctrica del Arnego, S.L.

Enderezo social: Orrillamar 88-90, portal 3 entreplanta B. 15001 A Coruña.

Denominación: L.M.T. e C.T. en agrupación escolar.

Situación: Agolada.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, de 93 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio 2 da L.M.T. ó C.T. Sierra-Benito, rematando no C.T. que se proxecta na agrupación escolar, concello de Agolada. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 28 de outubro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9031