Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 30 de decembro de 1997 Páx. 12.573

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 17 de novembro de 1997, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-00358-O-97 e dos máis).

Pola presente cédula notifícaselles ós/as denunciados/as cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Pontevedra, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñer recurso ordinario ante o director xeral de Obras Públicas e Transportes, no prazo dun mes contado desde o seguinte ó da publicación da presente cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferen

cia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta rexistrada de recadación de multas e sancións número 311.500.007.9 de Caixa Galicia, oficina principal de Pontevedra, no prazo de 15 días hábiles seguintes ó da firmeza desta resolución, firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso ordinario dentro do prazo, e de non facelo así procederase ó seu cobramento por vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27).

E para que conste e lles sirva de notificación ós/as denunciados/as, de enderezos descoñecidos, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, sobre réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro) expido, asino e selo a presente cédula en Pontevedra, 17 de novembro de 1997.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes

de Pontevedra

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

PO-00358-O-97

O-1831-BS

G.C. Tráfico

José Rubén Uria Álvarez

Uría, 46-3º A

33800 Cangas de Narcea

Asturias

Circular transportando tona montada e queixo fresco, carecendo de autorización administrativa (tarxeta de transportes). Servicio privado, vehículo lixeiro.

1-4-1997, 11; N-550; 136

Art. 103 da Lei 16/1987 e Art. 158 do Real decreto 1211/1990.143 Lei 16/1987, 201 Real decreto 1211/1990.25.000 ptas.
PO-00478-O-97

B-2472-LT

G.C. Tráfico

Servicios Industriales Feria, S.A.

Avda. Fonollar, 26

8830 Sant Boi de Llobregat

Barcelona

Circular realizando un transporte de material de feira, carecendo de tarxeta de transportes. Servicio privado, vehículo lixeiro.

24-4-1997; 9.30; CP. 8105; 1.

Art. 103 da Lei 16/1987 e Art. 158 do Real decreto 1211/1990.143 Lei 16/1987, 201 Real decreto 1211/1990.25.000 ptas.
PO-01705-O-96

M-2327-GU

G.C. Tráfico

N.B. Radio, S.L.

Fernández Ladreda, 19, 363

Pontevedra

Circular transportando áridos, carecendo de autorización de transportes. Presenta unha provisional expedida con data 12-3-1996. MDP-T. Servicio público.

30-10-1996; 16,40; C-531 25

199 b) do Real decreto 1211/1990.143 Lei 16/1987, 201 Real decreto 1211/1990.5.000 ptas.

97-9927