Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 30 de decembro de 1997 Páx. 12.571

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 23 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los siguientes traballos:

-Asistencia técnica redacción do proxecto de acondicionamento da estrada LU-121. Treito: Cruz da Cancela-Riotorto.

Adxudicatario: Ciisa.

Orzamento: 8.627.500 ptas.

-Asistencia técnica de redacción do proxecto de acondicionamento da estrada OU-304. Treito: Xinzo de Limia-Baltar(fase II).

Adxudicatario: Ingeniería del Noroeste, S.L.

Orzamento: 6.498.233 ptas.

-Asistencia técnica redacción de estudio informativo cartografía impacto ambiental da nova estrada Ponte da Illla de Arousa-Xufre.

Adxudicatario: Iceacsa.

Orzamento: 3.816.431 ptas.

-Asistencia técnica desvio de servicios afectados polas obras de estradas existentes de ámbito autónomico e pertencentes á Xunta de Galicia.

Adxudicatario: Comercial Palmeiro, S.L.

Orzamento: 16.088.562 ptas.

-Asistencia técnica ás expropiacións da vía rápida da Barbanza. Treito: Padrón-Vacariza.

Adxudicatario: Estudio del Noroeste, S.A.

Orzamento: 5.173.601 ptas.

-Asistencia técnica ás expropiacións de acondicionamento da estrada AC-230. Treito: Montesalgueiro-Curtis.

Adxudicatario: Topo 200, S.L.

Orzamento: 4.500.000 ptas.

-Asistencia técnica ás expropiacións de acondicionamento da estrada AC-231. Treito: A Castellana-Sobrado.

Adxudicatario: Estudio del Noroeste, S.A.

Orzamentoto: 6.429.765 ptas.

-Asistencia técnica ás expropiacións de acondicionamento da estrada OU-104. Treito: Alto de Couso-Maceda.

Adxudicatario: Topogal, S.L.

Orzamento: 2.953.834 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto lle pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xusticia de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

9643