Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 29 de decembro de 1997 Páx. 12.520

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ALLARIZ

EDICTO.

Por acordo do Pleno desta Corporación do 28-11-1997 foi aprobado o prego de cláusulas administrativas que teñen que rexer na poxa por procedemento restrinxido, trámite de urxencia, para o alleamento dun ben municipal de carácter patrimonial, o cal se expón ó público por prazo de catro rías contados a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio no BOP, para que se poidan presentar reclamacións:

Simultaneamente iníciase un prazo de sete días para a recepción das solicitudes de participación, se ben a licitación se aprazará, cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

Resumo das condicións:

1. Entidade adxudicataria.

1.1. Organismo: Pleno.

1.2. Dependencia que tramita o expediente: secretaría do concello.

1.3. Número de expediente: B97V.02-LBUS.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición:

Constitúe o obxecto do contrato a venda mediante poxa pública por procedemento restrinxido do seguinte ben:

Local de planta rectangular, de superficie útil 27,50 m, resultado da segregación do local destinado a estación de transportes de viaxeiros. O devandito local ten acceso directo desde o soportal que dá á praza. Linda: norte, local I; sur, praza; leste, local comercial; e oeste, local I.

2.2. Localización:

En Allariz (edificio da estación de autobuses).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: urxente.

3.2. Procedemento: urxente.

3.3. Forma: poxa.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 3.600.000 ptas.

5. Garantías.

5.1. Provisional:

A garantía provisional, esixible unicamente ás empresas invitadas, será de 72.000 ptas. equivalente ó 2 por 100 do tipo de licitación, e poderá constituiese en calquera das formas previstas no artigo 36 LCAP.

5.2. Definitiva:

A garantía definitiva será do 4 por 100 do prezo do remate, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no artigo 37 LCAP.

A constitución da garantía definitiva deberá acreditarse dentro dos 15 días hábiles seguintes ó de notificación da poxa. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato.

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Entidade. Concello de Allariz.

6.2. Domicilio: Praza Maior, 1.

6.3. Localidade: Allariz (Ourense).

6.4. Teléfono: (988) 44 00 01.

6.5. Fax: (988) 44 11 54.

7. Requisitos específicos dos contratistas:

Documentación que acredite que a empresa presta servicio regular de transporte de viaxeiros en Allariz.

8. Presentación de solicitudes de participación.

8.1. Lugar, data límite e forma:

As solicitudes de participación no procedemento restrinxido presentaranse no rexistro xeral do con

cello, na Praza Maior, 1 (Allariz), de 9 ás 14 horas, durante o prazo de 7 día naturais seguintes ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia eno BOP. O prazo empezará a contarse desde o día seguinte ó de aparición no último de calquera dos boletíns antes mencionados.

Tamén poderán presentarse participacións por correo. En tal caso, os interesados deberán acreditar, co resgardo correspondente, a data de imposición de envío na oficina de correos e anunciarlle o mesmo día ó órgano de contratación, por fax ou telegrama, a remisión da solicitude de participación. Sen cumprir tales requisitos non será admitida a solicitude, no caso de que se recibira fóra do prazo fixado no anuncio de invitación.

O número de fax do concello para face-la comunicación mencionada no parágrafo anterior é o seguinte: 44 11 54 co 988 de diante se a comunicación se efectúa fóra da provincia de Ourense.

8.2. Documentación que hai que presentar:

As solicitudes de participación no procedemento restrinxido de contratación presentaranse nun sobre cerrado, que pode ser lacrado, coa seguinte lenda no seu exterior: «Solicitude e documentación para participar no procedemento restrinxido convocado polo Concello de Allariz para acceder á poxa pública dun ben patrimonial municipal (expediente: B97V.02-LBUS)», e que deberá conte-la seguinte documentación:

1. Documento nacional de identidade, en fotocopia compulsada.

2. Escritura de poder verificada polo secretario do concello ou por calquera letrado con exercicio no ámbito do colexio profesional provincial, cando se actúe por representación.

3. Escritura de constitución da sociedade mercantil inscrita no Rexistro Mercantil, e número de identificación fiscal, cando concorra unha sociedade desta natureza.

4. Declaración responsable do licitador outorgada ante autoridade xudicial, administrativa, notario ou organismo cualificado, facendo constar que non se encontra incursa en ningunha das prohibicións para contratar enumeradas no artigo 20 LCAP.

5. Certificacións administrativas expedidas polos órganos competentes acreditativas de que a empresa se encontra ó día no cumprimento das súas obrigas tributarias (facenda pública e concello) e das súas obrigas coa Seguridade Social.

6. Documentación que acredite que a empresa presta servicio regular de transporte de viaxeiros en Allariz.

8.3. Modelo:

Don/a... maior de edade, veciño/a de... con domicilio en... con DNI número... expedido en... en nome propio/en representación de... segundo deixa acreditado co escritura de poder debidamente verificada

que xunta a documentación que presenta, informado da convocatoria dun procedemento restrinxido para participar nunha poxa pública dun ben patrimonial do Concello de Allariz (expediente B97V.02-LVUS). Solicita participar nela, comprometéndose a formular proposición económicas no prazo que se sinale e presenta a documentación que xunta.

9. Selección de participantes:

No seguinte día hábil ó de terminación do prazo de presentación de solicitudes de participación, a mesa de contratación, reunida na Casa do Concello, comprobará a personalidade e demais requisitos dos empresarios, e proporá ó alcalde os seleccionados para participar na presentación de ofertas.

O alcalde cursará invitación a presentar proposicións económicas ós seleccionados, sinalando o prazo de presentación de proposicións que non será inferior a 13 días naturais, o día e a hora de apertura das presentadas, a teor do previsto no artigo 79.2º parágrafo segundo da LCAP.

10. Presentación de ofertas.

10.1. Data límite:

O día en que cumpra 13 días naturais contados desde o seguinte ó da notificación da invitación escrita.

10.2. Documentación que hai que presentar:

A proposición presentarase nun sobre cerrado, que pode ser lacrado, coa seguinte lenda no seu exterior: «Proposición para tomar parte na poxa convocada polo Concello de Allariz por procedemento restrinxido para adquirir por compravenda un ben patrimonial municipal (expediente: B97V.02-LBUS)».

O sobre que contén a proposición presentarase no rexistro xeral do concello.

Xunto coa proposición económica no mesmo sobre incluirase o resgardo da garantía provisional.

A mesa de contratación, en acto público, celebrado o día e hora fixado no escrito de invitación, dará conta das empresas seleccionadas e das excluídas indicando as causas da exclusión.

A continuación, o secretario da mesa, procederá á apertura das proposicións económicas presentadas polas empresas invitadas, logo da comprobación do resgardo da fianza provisional, acordando a mesa de contratación a proposta de adxudicación do contrato ó licitador que ofrece o prezo máis alto.

A proposta de adxudicación feita pola mesa de contratación non creará dereito algún en favor do adxudicatario provisional fronte á Administración.

10.3. Modelo:

Don/a... maior de edade, veciño/a de... con domicilio en... con DNI número... expedido en... en nome propio/en representación de... segundo ten acreditado coa escritura de poder debidamente verificada que xa consta no concello, invitado a participar na

poxa públcia convocada por procedemento restrinxido, comprométese a adquiri-lo ben obxecto da poxa (descrición desta) no prezo de... (en letra e número), de acordo co prego de cláusulas administrativas que acepto integramente.

11. Mesa de contratación.

A mesa de contratación estará integrada polas seguintes persoas:

-Presidente, que será a da Corporación, ou membro en quen delegue.

-Un vocal, concelleiro, por cada un dos partidos políticos representados na Corporación.

-O secretario-interventor da Corporación, que actuará dentro da mesa en calidade de secretario dela con voz pero son voto.

12. Formalización do contrato.

A adxudicación do contrato formalizarase en escritura de compravenda conforme as normas do Código Civil.

Allariz, 5 de decembro de 1997.

Anxo M. Quintana González

Alcalde

10111