Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. rúa D.
Situación: concello de Lalín.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 310 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L33.01 Lalín II entre os CC.TT. Arenal e rúa E alimentando en bucle ó C.T. que se proxecta na rúa D, rematando na L33.01 Lalín II, concello de Lalín. C.T. de 630 kVA, relación de transformación 20 kV/380-220 V.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Pontevedra, 20 de novembro de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
9906