Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 26 de decembro de 1997 Páx. 12.464

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BURELA

ANUNCIO de licitación de contrato de xestión de servicios públicos.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Burela.

2. Obxecto do contrato: concesión administrativa dos servicios municipais de abastecemento de auga potable e saneamento.

3. Prazo da concesión: dez anos, prorrogables por períodos de cinco anos, ata o máximo legal.

4. Tramitación: ordinaria.

5. Procedemento: aberto.

6. Forma de adxudicación: concurso.

7. canon da concesión: será proposto polos licitadores na súa oferta, de acordo co disposto no artigo 29 do prego de cláusulas administrativas.

8. Garantías: provisional, 250.000 ptas. Definitiva, 5.000.000 de ptas.

9. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Burela (secretaría).

b) Enderezo: rúa Pardo Bazán, 6, 27880 Burela.

c) Teléfono: 58 60 00; telefax: 58 59 45.

d) Data límite da obtención de documentos e información: ata o día do remate do prazo de presentación das ofertas.

10. Presentación das ofertas:

a) Prazo: de 9 a 14 horas, durante o prazo de vinteseis días naturais contados desde a publicación do anuncio de licitación no BOP de Lugo.

b) Documentación que hai que presentar: a prevista no prego de cláusulas administrativas particulares, aprobado polo Pleno deste Concello na sesión celebrada o 19 de novembro de 1997.

c) Lugar de presentación: concello (rexistro xeral).

11. Apertura das ofertas: no salón de sesións, o queinto día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación das ofertas, non coincidente con sábado, ás 13 horas.

12. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario.

Tendo en conta que, conforme o disposto no artigo 121 do Regulamento de servicios das corporacións locais, se encontran sometidos á información pública durante un prazo de trinta días hábiles, o prego de cláusulas administrativas que rexerá esta contratación e o Regulamento dos servicios municipais obxecto da concesión, segundo anuncio publicado no BOP de Lugo, nº 279, do 4 de decembro, polo presente anuncio faise saber que no suposto de que se presentasen reclamacións contra os citados documentos dentro do prazo sinalado, a licitación quedará aprazada ata a súa resolución. Neste caso publicarase un novo anuncio no BOP de Lugo, con indicación da data límite de presentación das ofertas.

Burela, 17 de decembro de 1997.

Manuel Mon Rouco

Alcalde

10409