Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 26 de decembro de 1997 Páx. 12.459

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 1997, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se anuncia a contratación polo sistema de concurso e procedemento aberto -trámite de urxencia-, da xestión da residencia para persoas maiores de Bande (Ourense), en réxime de concesión.

Obxecto do contrato: xestión do servicio público de explotación da residencia para persoas maiores de Bande, en réxime de concesión.

Forma de adxudicación: concurso público aberto.

Orzamento base:

Prezo praza/día asistida: 5.500 ptas. IVE incluído.

Prezo praza/día válida: 3.013 ptas.IVE incluído.

Duración do contrato: 5 anos.

Fianza provisional: 3.400.000 ptas.

Exposición de pregos:

Os pregos de cláusulas administrativas e técnicas estarán á disposición dos interesados na Subdirección Xeral de Administración e Inspección (edificio administrativo San Caetano - Santiago de Compostela, Telf. (981) 54 56 77 durante o prazo de presentación de proposicións.

Presentación de ofertas:

O prazo de presentación de ofertas será de vinteseis días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do presente concurso no DOG, e a súa presentación realizarase no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (edificio administrativo San Caetano), ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación, antes das 14 horas do último día do prazo sinalado.

Documentación que deben presenta-los licitadores:

A esixida nos pregos de cláusulas administrativas.

Apertura de ofertas:

A apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Dirección Xeral de Servicios Sociais a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do peche do prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Anuncios:

Os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 1997.

P.D. (Orde 22-5-1996)

Manuel Aguilar López

Director xeral de Servicios Sociais

10153