Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Cacheiras-Recesende (Teo-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto de 151/1993 do 24 de xuño (DOG nº 128, do 7 de xullo de 1993), que a xunta local da zona, na súa reunión do 25 de novembro de 1997, aprobou as bases definitivas, que estarán expostas ó público no Concello de Teo e na zona, durante o prazo de trinta días hábiles, contados desde o seguinte ó da última inserción deste aviso no Diario Oficial de Galicia e no BOP, no xornal de máis circulación da provincia, no lugar habitual da parroquia e no taboleiro de anuncios do concello, de conformidade co que determina a Lei de concentración parcelaria para Galicia do 14 de agosto de 1986 (artigo 36).
Os documentos que se poden examinar no Concello refírense á determinación do perímetro (predios da periferia que se incluíron e excluíron, superficies que se exceptúan por seren de dominio público e relación de predios excluídos), a clasificación de terras e a fixación de coeficientes que servirán de base para face-las compensacións que sexan necesarias e a determinación de propietarios e titulares de gravames e outras situacións xurídicas das que se declara formalmente a súa titularidade.
Contra estas bases os interesados poden interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes dentro do prazo dos trinta días sinalados, na Xefatura de Estructuras Agrarias (edificio administrativo, praza Luis Seoane, s/n, 6ª planta, A Coruña), nas oficinas centrais da consellería (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por si mesmos ou por representación, facéndose constar no escrito un enderezo dentro do termo municipal para os efectos das notificacións que procedan.
A Coruña, 1 de decembro de 1997.
Rogelio del Valle Muñoz-Cobo
Xefe de Servicio de Estructuras
e Desenvolvemento Rural da Coruña
10188