Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 26 de decembro de 1997 Páx. 12.458

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 4857 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Maderas Besteiro, S.L.

Finalidade: instalación de coxeración de enerxía eléctrica en industria forestal.

Características: anteproxecto central coxeración, 2 motores combustión interna de 1513 kW de potencia; combustible gasóleo. Potencia xerador: 2 de 1825 kVA.

Orzamento: 236.000.000 de pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas, poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, Ronda da Muralla 70, no prazo de 30 días contados a partir da publicación desta resolución.

Lugo, 15 de decembro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

10417