Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 26 de decembro de 1997 Páx. 12.457

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/352-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Eidos-Bahiña.

Situación: Baiona.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 43 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde o apoio 4 da L.M.T. GOND 8.03, rematando no C.T. que se proxecta en Eidos-Bahiña, concello de Baiona. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T. aérea, de 245 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 17 de novembro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9864