Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 26 de decembro de 1997 Páx. 12.455

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/343-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. Pazo de Xustiza.

Situación: Pontevedra.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 180 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a liña existente que alimenta o C.T. actual, a substituir, rematando no C.T. que se proxecta no Pazo de xustiza, concello de Pontevedra. C.T. de 1.000 kVA, relación de transformación 20 kV-220/380 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 14 de novembro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9871