Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Mércores, 24 de decembro de 1997 Páx. 12.430

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-133).

O Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 9 de setembro de 1997, acordou aprobar definitivamente o expediente denominado modificación do

proxecto de reparcelación do PP-3 de Caavamontes, en Perillo (Oleiros).

Contra este acordo, que lle pon fin á vía administrativa, poderá interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte a aquel que reciba a presente notificación. De interpoñelo, advírteselle que o artigo 110.3º da lei, require a comunicación previa ó órgano que dictou o acto impugnado. Tamén poderá interpo-lo recurso extraordinario de revisión cando concorrra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, polo que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no apartado 2º do mesmo artigo 118. Todo isto sen prexuízo do dereito dos interesados para formula-la solicitude e a instancia a que se refiren os artigos 102.1º e 105.2º da citada lei.

Oleiros, 26 de novembro de 1997.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta

9949