Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Mércores, 24 de decembro de 1997 Páx. 12.428

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 95/106).

Instalación: subestación transformadora de enerxía eléctrica 132/20 kV.

Situación: Polígono da Uceira, concello do carballiño (Ourense).

Beneficiario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Vista a solicitude presentada na sección de enerxía desta delegación provincial pola empresa eléctrica de referencia, de autorización administrativa para o establecemento da instalación eléctrica citada, que conta coas seguintes:

Características técnicas básicas.

-Dous módulos de liña para 132 kV.

-Un módulo para protección da transformación de potencia.

-Un transformador trifásico para 15 MVA, relación de transformación de 132/20 kV.

-Un módulo de saída para cinco liñas a 20 kV e barras de 132 kV.

Cumpridos os trámites ordenados no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sen que exista ningunha alegación nin oposición a este proxecto.

De acordo coa regulamentación citada, coa Lei de industria, do 16 de xullo de 1992, e co Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas, resolvo:

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. a instalación da subestación de transformación citada.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado desde a súa publicación no DOG, de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ourense, 12 de decembro de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

9887