Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Mércores, 24 de decembro de 1997 Páx. 12.427

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/368-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. rúa Ernestina Otero.

Situación: Redondela.

Descricións técnicas: L.M.T. aéreo-subterránea, a 15/20 kV, de 80 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-56, sobre apoio de formigón, e 65 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.H.V., desde a torre metálica N.D7-1 da L.M.T. red. 804 ata o C.T. que se proxecta na rúa Ernestina Otero, concello de Redondela. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 15/20 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 21 de novembro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9897