Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Mércores, 24 de decembro de 1997 Páx. 12.425

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/364-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. travesía Ernesto Caballero.

Situación: Pontevedra.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 265 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a liña MUR 808 a altura do cruzamento das rúas Loureiro Crespo e Ernesto Caballero, ata o C.T. que se proxecta na travesía de Ernesto Caballero, concello de Pontevedra. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., soterrada, de 185 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 20 de novembro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9893