Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Mércores, 24 de decembro de 1997 Páx. 12.423

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/176-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Vilar.

Situación: concello de Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., soterrada, a 20 kV, de 200 m de lonxitude con conductor tipo R.H.V., desde o apoio proxectado que se vai colocar na L42.07 Balaídos-Sárdoma entre os CC.TT. Raviso e Vilar (para suprimir), alimentando en bucle ó C.T. proxectado, rematando no apoio proxectado que se vai colocar en substitución do poste desde o que se realiza a derivación ó C.T. Chysler e ós CC.TT. Sobreiro, Martínez Garrido e estación de autobuses, concello de Vigo. C.T. de 630 kVA, relación de transformación 15 kV/380-220 V. R.B.T., aérea, de 117 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56 sobre apoios metálicos.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos con

dicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 20 de novembro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9881