Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Mércores, 24 de decembro de 1997 Páx. 12.423

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/173-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. A Paz.

Situación: concello de Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., soterrada, a 20 kV, de 10 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L26 de Telefónica entre o C.T.O. de seccionamento da Paz e o C.T. Mercado á altura do cruzamento das rúas Xacinto Benavente e A Paz, rematando no C.T. soterrado que se proxecta da Paz, concello de Vigo. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 15 kV-380-220 V. R.B.T. soterrada de 75 m de lonxitude, 5 m con conductor tipo R.V. e 70 m con conductor tipo Al.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 20 de novembro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9904