Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 23 de decembro de 1997 Páx. 12.390

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/31-3 A.T.).

Visto o expediente incoado na Sección de Enerxía desta delegación provincial a petición de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., solicitando autorización para o establecemento dunha instalación eléectrica, cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, e de acordo co disposto no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de industria, enerxía e minas, esta delegación provincial resolveu:.

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. o establecemento da instalación eléctrica coas seguintes características principais:

Liña aérea a 20 kV de 202 m de lonxitude en conductor LA-56 sobre apoios metálicos e de formigón, derivada desde o apoio 17 da L.M.T. Castrelo-Celanova e rematará no C.T. proxectado aéreo de Castromao (Celanova) con 50 kVA, relación 20 kV/380-220 V. Rede de baixa tensión en conductor R.Z. de 20 metros de lonxitude.

Liñá aérea a 20 kV de 516 metros de lonxitude en conductor LA-56 sobre apoios metálicos e de formigón derivada desde o apoio 2 da L.M.T., ó C.T. La Granja, e rematará no C.T. proxectado aéreo no Piñeiro (Celanova) con 50 kVA, relación 20 kV/380-220 V. Rede de baixa tensión en conductor R.Z. de 90 metros de lonxitude.

Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres non conte o seu peticioan rio coa aprobación do seu proxecto de execución, logo de cumprimento dos trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, do 20 de outubro.

Ourense, 19 de novembro de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

9861