A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde de 22 de maio de 1996 (DOG do 6-6-1996) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:
1. Nome e enderezo do servicio: contratación administrativa do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela. Hospital de Conxo, rúa Ramón Baltar, s/n, 15706 Santiago de Compostela. Teléfono: (981) 54 05 36. Fax: (981) 53 12 55.
2. a) Modalidade de adxudicación: concurso aberto e ordinario.
b) Forma do contrato obxecto de licitación: subministración sucesiva.
3. a) Lugar de entrega: almacén de subministracións do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.
b) Natureza e cantidade dos productos que se van subministrar: subministración sucesiva de suturas por un importe total estimado de 69.727.777 ptas., IVE incluído.
Duración: 1 ano.
c) Licitación: á totalidade ou a un ou máis lotes.
4. Prazo de entrega eventualmente imposto: segundo as necesidades do complexo hospitalario.
5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-lo prego de condicións e os documentos complementarios: o que figura no punto 1.
b) Data límite para efectua-la dita solicitude: 19 de xaneiro de 1998.
c) Se é o caso, importe e modalidades de pagamento da suma que deba aboarse para obte-los ditos documentos:
6. a) Data límite de recepción de ofertas: 26 de xaneiro de 1998.
b) Enderezo o que deben enviarse as ofertas: ver punto 1.
c) Lingua o linguas nas que se deberán redacta-las ofertas: castelan e/ou galego.
7. a) Persoas admitidas para asistiren a apertura das ofertas: acto público.
b) Data, hora e lugar de apertura das ofertas: sala de xuntas do Hospital de Conxo a partir das 10 horas do día 6 de febreiro de 1998.
8. Garantías esixidas:
-Provisional: 2% do orzamento de licitación do lote/s ós que se presente oferta.
-Definitiva : 4% do orzamento de licitación do lote/s adxudicados.
Constituiranse segundo establecen os artigos 36 e 37, respectivamente, da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións publicas (BOE nº 119, do 19-5-1995).
9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencia ós textos que as regulan: o pagamento realizarase en metálico segundo entregas realizadas.
10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresarios adxudicataria do contrato: o que establece o artigo 24 da Lei 13/1995.
11. Datos referentes á situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que debe reuni-lo provedor: ver cláusula 7 e 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.
12. Prazo durante o que o licitador estará abrigado a mante-la súa oferta: 3 meses, desde a data de apertura das proposicións.
13. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato: segundo o apartado 10 da folla de especificacións.
14. Se é o caso, prohibición de variantes: non se admitirán.
15. Información complementaria: ver servicio do punto 1.
16. Data de publicación no DOCE do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación:
17. Data de envió do anuncio: 3 de decembro de 1997.
18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE):
Santiago de Compostela, 21 de novembro de 1997.
Manuel Ariza López
Xerente xeral do Complexo Hospitalarío
de Santiago de Compostela
10169