O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:
Obxecto: sutura de polipropileno.
Orzamento: 9.335.520 ptas.
Garantía provisional: 186.710 ptas.
Lote 1: calibre 1:, curva Ag.: 1/2, punta Ag.: cilíndrica, Lonx. Ag.: 40.
Orzamento: 278.640 ptas.
Garantía provisional: 5.573 ptas.
Lote 2: calibre: 2, curva Ag.: 1/2, punta Ag.: cilíndrica, Lonx. Ag.: 2x70.
Orzamento: 153.360 ptas.
Garantía provisional: 3.067 ptas.
Lote 3: calibre: 2/0, curva Ag.: 1/2, punta Ag.: cilíndrica, Lonx. Ag.: 30.
Orzamento: 125.064 ptas.
Garantía provisional: 2.501 ptas.
Lote 4: calibre: 2/0, curva Ag.: 1/2, punta Ag.: Trocar, Lonx. Ag.: 2x25.
Orzamento: 217.080 ptas.
Garantía provisional: 4.342 ptas.
Lote 5: calibre: 3/0, curva Ag.: 1/2, punta Ag.: cilíndrica, Lonx. Ag.: 2x34.
Orzamento: 486.000 ptas.
Garantía provisional: 9.720 ptas.
Lote 6: calibre: 3/0, curva Ag.: 1/2, punta Ag.: cilíndrica, Lonx. Ag.: 2x25.
Orzamento: 162.000 ptas.
Garantía provisional: 3.240 ptas.
Lote 7: calibre: 3/0, curva Ag.: 1/2, punta Ag.: cilíndrica, Lonx. Ag.: 2x26.
Orzamento: 243.000 ptas.
Garantía provisional: 4.860 ptas.
Lote 8: calibre: 4/0, curva Ag.: 1/2, punta Ag.: cilíndrica, Lonx. Ag.: 2x26.
Orzamento: 1.069.200 ptas.
Garantía provisional: 21.384 ptas.
Lote 9: calibre: 4/0, curva Ag.: 1/2, punta Ag.: cilíndrica, Lonx. Ag.: 2x25.
Orzamento: 492.480 ptas.
Garantía provisional: 9.849 ptas.
Lote 10: calibre: 4/0, curva Ag.: 1/2, punta Ag.: cilíndrica, Lonx. Ag.: 2x16.
Orzamento: 498.960 ptas.
Garantía provisional: 9.979 ptas.
Lote 11: calibre: 5/0, curva Ag.: 1/2, punta Ag.: cilíndrica, Lonx. Ag.: 2x16.
Orzamento: 440.640 ptas.
Garantía provisional: 8.813 ptas.
Lote 12: calibre: 5/0, curva Ag.: 1/2, punta Ag.: Trocar, Lonx. Ag.: 2x17.
Orzamento: 613.656 ptas.
Garantía provisional: 12.273 ptas.
Lote 13: calibre: 5/0, curva Ag.: 3/8, punta Ag.: cilíndrica, Lonx. Ag.: 2x13.
Orzamento: 903.960 ptas.
Garantía provisional: 18.079 ptas.
Lote 14: calibre: 6/0, curva Ag.: 3/8, punta Ag.: cilíndrica, Lonx. Ag.: 2x10.
Orzamento: 324.000 ptas.
Garantía provisional: 6.480 ptas.
Lote 15: calibre: 6/0, curva Ag.: 3/8, punta Ag.: cilíndrica, Lonx. Ag.: 2x13.
Orzamento: 259.200 ptas.
Garantía provisional: 5.184 ptas.
Lote 16: calibre: 7/0, curva Ag.: 1/2-3/8, punta Ag.: cilíndrica, Lonx. Ag.: 2x8,9.
Orzamento: 397.440 ptas.
Garantía provisional: 7.949 ptas.
Lote 17: calibre: 7/0, curva Ag.: 3/8, punta Ag.: Trocar, Lonx. Ag.: 2x8.
Orzamento: 2.332.800 ptas.
Garantía provisional: 46.656 ptas.
Lote 18: calibre: 8/0, curva Ag.: 3/8, punta Ag.: cilíndrica, Lonx. Ag.: 2x6,35.
Orzamento: 338.040 ptas.
Garantía provisional: 6.761 ptas.
I. Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto. (Tramitación anticipada).
II. Prazo de entrega: segundo necesidades comunicadas polo Servicio de Compras e Subministracións e se é o caso a partir dos 15 días naturais seguintes ó do asinamento do contrato.
III. Admisión de variantes: non se admiten variantes.
IV. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
V. Criterios de adxudicación:
-Oferta económica: 60%.
-Calidade dos materiais: 20%.
-Servicio técnico da subministración: 20%.
-Total: 100%.
VI. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo), As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 32.
VII. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.
VIII. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da xerencia do complexo hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
IX. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
X. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.
A Coruña, 21 de novembro de 1997.
Jesús Caramés Bouzán
Director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña
9718