Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 19 de decembro de 1997 Páx. 12.306

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 1997, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto (tramitación anticipada), para a subministración de agullas xerais e outros (C.P. 20/98).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: agullas xerais e outros.

Orzamento: 17.546.920 ptas.

Garantía provisional: 350.938 ptas.

Lote 1: agulla Luer dun só uso.

Orzamento: 2.520.000 ptas.

Garantía provisional: 50.400 ptas.

Lote 2: adaptador Venojet.

Orzamento: 5.130.000 ptas.

Garantía provisional: 102.600 ptas.

Lote 3: agulla Venojet 20 Gx1 (9x25).

Orzamento: 1.254.400 ptas.

Garantía provisional: 25.088 ptas.

Lote 4: agulla Venojet 21 Gx1 (8x25).

Orzamento: 2.450.520 ptas.

Garantía provisional: 49.010 ptas.

Lote 5: agulla con ás Int., Prol. curto e Prol. longo.

Orzamento: 6.192.000 ptas.

Garantía provisional: 123.840 ptas.

I. Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto. (Tramitación anticipada).

II. Prazo de entrega: segundo necesidades comunicadas polo Servicio de Compras e Subministracións e se é o caso a partir dos 15 días naturais seguintes ó do asinamento do contrato.

III. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

IV. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

V. Criterios de adxudicación:

-Oferta económica: 60%.

-Calidade dos materiais: 20%.

-Servicio técnico da subministración: 20%.

-Total: 100%.

VI. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio da Escola

Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo), As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 32.

VII. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

VIII. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da xerencia do complexo hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

IX. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

X. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 21 de novembro de 1997.

Jesús Caramés Bouzán

Director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

9716