En cumprimento do disposto nos artigos 94.1 da Lei 13/1996, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e 24 do R.D. 390/1996, do 1 de marzo, dispoño a publicación do seguinte contrato privado de seguro de vida e accidentes.
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Parlamento de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Oficialía maior.
c) Número de expediente: 5/97.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: privado da Administración parlamentaria.
b) Descrición do obxecto: concurso público, polo procedemento aberto, para a contratación dun seguro privado de vida e accidentes para os deputados e o persoal ó servicio do Parlamento de Galicia.
c) Lote: único.
d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 193, do 7 de outubro de 1997.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
b) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: quince millóns de pesetas (15.000.000 de ptas.) IVE incluído.
5. Adxudicación.
a) Data: 17 e 19 de novembro de 1997.
b) Contratista: Previsión Española, S.A.-Seguros y Reaseguros.
c) Nacionalidade: española.
d) Importe de adxudicación: 11.170.710 (once millóns cento setenta mil setecentas dez) pesetas IVE incluído.
Santiago de Compostela, 2 de decembro de 1997.
José Mª García Leira
Presidente do Parlamento de Galicia
9714