Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 18 de decembro de 1997 Páx. 12.251

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1997, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, pola que se anuncia o concurso público 29/1997, polo procedemento aberto, tramitado con carácter urxente, para a contratación da explotación do servicio de cafetería e restaurante do Hospital Santo Cristo de Piñor.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme ó establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG do 6 de xuño) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

Contratación da explotación do servicio de cafetería e restaurante do Hospital Santo Cristo de Piñor.

Canon mínimo anual: 200.000 ptas.

Forma de adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público 29/1997, tramitado con carácter urxente.

Prazo de execución: 3 meses para as obras, contados desde o asinamento do contrato e 25 anos para a explotación.

Admisión de variantes: admítense variantes, sempre que se cumpra o establecido no prego de prescricións técnicas.

Solvencia económica e financeira: acreditación mediante a presentación dunha declaración relativa á cifra de negocios global, así como dos servicios ou traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios.

Solvencia técnica: relación dos principais servicios efectuados durante os tres últimos anos, indicándose o seu importe, datas e destino público ou privado, á que se incorporarán os correspondentes certificados sobre eles.

Fianza provisional: 2% do orzamento do investimento que se vai realizar.

Fianza definitiva: 4% do orzamento do investimento que se vai realizar.

Criterios de adxudicación: características funcionais: 4 puntos; experiencia no sector: 4 puntos; relación prezo/calidade: 2 puntos.

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados na Unidade de Contratación do complexo hospitalario, rúa Ramón

Puga nº. 52 (edificio de administración, planta baixa) de Ourense, en días laborables, agás sábados, das 9 ás 13 horas.

Presentación de proposicións: presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario, antes das 13 horas do décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviarse por correo dentro do prazo sinalado. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación rematará o día hábil seguinte.

Cando as proposicións se envien por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (988) 38 55 50 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

Apertura de proposicións: terá lugar en acto público na sala de xuntas anexa á Dirección de Xestión do complexo hospitalario, ás 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Ourense, 9 de decembro de 1997.

Pedro A. Soler Bordoy

Director xerente do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense

10124